Como teño o blog algo parado aproveito pra meter de recheo algunha "tonterida" que vou facendo nos meus ratos libres...
Se xuntamos a "margarita" de fernando alonso, unha bandeira galega e uns toques "flower power"... que pode sair?... papel de rolo de cociña "colhogar"?
Por petición popular e própia fixen outra adaptación da bandeira cambiando a "raza" da vaca por outra un pouco mais autóctona. A vaca xa non é frisona, agora é "rúbia", "marela", "roxa" ou como lle queirades chamar (non entendo moito do tema)...
Pois outra vez moitas grácias/grazas a Vieiros por referenciarme de novo no seu blogmenú do dia... a verdade, faime moita ilusión, así da gusto adicarlle algún tempo a isto do blogomillo.
Captura pra que quede constáncia do acontecemento: